Bright | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bright |
Director | David Ayer |
Produtor |
|
Guión | Max Landis |
Intérpretes | |
Música | David Sardy |
Fotografía | Roman Vasyanov |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Regency Village Theater: 13 de decembro de 2017 22 de decembro de 2017 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Fantasía e crime |
Orzamento | $90 000 000[1] |
Na rede | |
|
Bright é un filme estadounidense de 2017 dirixido por David Ayer e escrito por Max Landis.[2][3] Está protagonizado por Will Smith, que interpreta un policía dos Ánxeles que ten por compañeiro un policía orco (Joel Edgerton). Está ambientado nun mundo actual habitado por humanos e criaturas míticas.[4] No filme tamén aparecen Noomi Rapace, Lucy Fry, Édgar Ramírez e Ike Barinholtz.
A fotografía principal comezou en novembro de 2016 na cidade dos Ánxeles. Foi estreado internacionalmente por Netflix o 22 de decembro de 2017, converténdose nunha das producións da páxina máis vistas en liña, malia que recibiu valoracións negativas por parte da crítica.[5]